Remedios, que non menciñas

RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A psicoloxía da man de Noelia Yáñez que nos leva á interiorización do ser humano, os seus sentimentos e todo o que o rodea.
Noelia castro
11 Jun 2023

Noelia Castro Yáñez

En ocasións, estou moi de acordo con Enrique Ballester, leo os seus artigos ao tempo que aprobo coa cabeza, e coma el, tamén aborrezo as biografías que aparecen nas solapas, porque unha cousa é o que somos, e outra ben distinta, o que queremos ser. Del aprendín que coa idade, hai problemas que non se resolven engadindo un centrocampista por dentro.

Cando era nena, atopaba solucións evidentes aos problemas que xurdían nun mundo construido para unha nena que axiña tivo que medrar. Agora, que non medrei por fóra moito máis ca daquela, si atopo obstáculos a aquela resolutividade que me caracterizaba daquela, cando era unha cativa, así que imaxino que por dentro medraría algo máis.

Para non perder a costume, vou a plantexar un problema do que non domino a materia. Porque se falase unicamente do que profundicei ao longo da vida, aborreceríavos todos os meses falando de Matemáticas, e aí si que atopo problemas irresolubles, non coma os que plantexo aquí. Todo canto sei e podo explicar, diría o entrenador do Foz, cabe nun dedal. Ou o que é o mesmo, se centra exclusivamente nesta materia, as matemáticas puras. E coma Ramanujan, o home que coñecía o infinito, tamén moitas veces quero máis ás letras (números expresados con linguaxe matemática) cas persoas, porque me resultan infinitamente máis doadas de probar. E con probar refírome a demostrar, que no caso das persoas, a meirande parte das veces trátase de demostrar actuacións, que non teoremas, que carecen dalgún sentido. As máis das veces, nin as entendo nin as pretendo entender, ás persoas. E coas Mates pásame ao contrario que aos meus alumnos máis teimudos, canto máis as estudo, máis as entendo, porque a diferenza das persoas, sempre se rixen polo rigor e a lóxica. Son elas as que dan resposta aos meus dilemas internos.

Hai problemas para os que urxe unha solución, ou pasar por intentalo, sobre todo, cando hai un problema xa admitido. Agora que estou co intensivo preparatorio para ABAU, lembro a de anos compartidos con Iván, e fago unha excepción poñéndolle o nome completo, porque o merece. O Doutor Fernández Castro agora, xa o era daquela un pouquiño. Tardes e tardes man a man, sentando as bases dunhas cabeciñas científicas a punto de ebullición. Desde ben pequeno el o tivo claro, quería ser médico e agora é internista. Pero iso foi o froito de moitísimo esforzo, tanto coma dedicación pon agora polo que fai. Coido que é unha desas profesións vocacionais, das que hai que escoller e para as que hai que valer. Non atopo outra opción admisible, por iso sei da valía desta profesión. Conto que temos neste sector un tesouro, pero os tesouros son as persoas.

Adoitaba ler e escoitar queixas, pola mala xerencia, os tempos de espera, as ratios de médicos por poboación, as condicións laborais… son frecuentes na prensa. Pero escoitar a Iván falar neses termos do que tanto ama foi desolador para min. Non entendo como tendo profesionais tan valiosos, poden estar tan cansos froito dun sistema que non funciona. Descoñezo se isto é político ou se podemos facer algo desde abaixo, pero desde logo o que está claro é que algo hai que facer. Porque moitos dos meus mellores alumnos queren ser médicos, e dinmo ilusionados, co brillo da inocencia na mirada. Non entendo como Iván o puido perder tan axiña, moito ten que estar pasando, e desexo que aínda estemos a tempo de que o recupere.

E non sei se o podemos escoller o domingo, francamente non o creo, coido que é algo que trascende ás identidades políticas. O cambio pode vir por empezar a valorar ás persoas polo que son e polo que fan, non somos un número, somos moito máis ca iso. E así nos gusta que nos traten cando estamos enfermos, sobre todo, pero tamén cando non. Nada me gustaría máis que volver ver os ollos de Iván vidrosos


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15794610977173