Repártense manteis con todos os municipios membros da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés

SarriaXa
Os establecementos que queiran un mantel deste tipo poderán pedilo na Oficina de Turismo de Sarria
carteis-mancomunidade-camiño-francés
7 Xuño 2024

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés regala manteis aos establecementos hosteleiros do municipio de Sarria, polo que todos os xerentes dos locais poderán coller un na Oficina de Turismo, na Antiga Prisión Preventiva.

O mantel é unha réplica do folleto informativo estreado hai un ano, que recolle todos os municipios membros da Mancomunidade e as súas páxinas web.

Este mantel será repartido en todos os concellos galegos do Camiño Francés, o que nos permitirá dar unha imaxe de unión e continuidade.

0.16940093040466