Consulta os resultados das eleccións municipais 2023 nos concellos da comarca de Sarria
Todos os veciños lucenses exerceron o seu dereito ao voto nas eleccións municipais deste domingo 28 de maio.
Camiña Sarria acada a maioría en Sarria con 7 concelleiros, mentres que o PP consegue 5, un menos que nas anteriores eleccións municipais de 2019, que se sumou ao PSOE de Benjamín Escontrela, que acadou 3. Pola contra, o BNG mantense igual que nos anteriores comicios, con dous concelleiros. Ciudadanos e VOX non conseguen ningún edil.
N Concello de Triacastela, Olga Iglesias, do PP, conseguiu 5 concelleiros, polo que gobernará con maioría absoluta, establecida en 4, mentres que o PSOE acadou 2 concelleiros.
Pola súa parte, en Láncara, Darío Píñeiro, actual alcalde e alcaldable do PSOE volve conseguir a maioría absoluta con 7 concelleiros, mentres que o PP ten 3 e o BNG 1.
No caso de Samos, a maioría absoluta está nos 5 concelleiros, o co 100% dos votos escrutados, o PP de Miguel Gallego conseguiu 4 concelleiros, mentres que o PSOE acadou 2 e o BNG 3, polo que parece que poderá haber un pacto de coalición entre as dúas forzas de esquerdas.
Héctor Corujo, do PP, consegue a maioría absoluta no Incio con 6 concelleiros, sumando un con respecto ao ano 2019; mentres que Laura Celeiro, do PSOE, perde un concelleiro con respecto ao ano 2019, quedando con 3.
En Paradela, José Manuel Mató, do PP, renova por duodécima vez o seu mandato en Paradela, con 5 concelleiros; mentres que o PSOE queda preto, con 4 concelleiros.
O PP tamén arrasa no Páramo con 6 concelleiros, co que volverá gobernar José Luis López, mentres que Alternativa Veciñal do Páramo (Contamos) conseguiu 3 concelleiros.
Concello | Concelleiros totais | Concelleiros maioría | PSOE | PP | BNG | Camiña Sarria | Ciudadanos | VOX | Contamos |
Láncara | 11 | 6 | 7 | 3 | 1 | - | - | - | - |
O Incio | 9 | 5 | 3 | 6 | 0 | - | - | - | - |
O Páramo | 9 | 5 | 0 | 6 | 0 | - | - | - | 3 |
Paradela | 9 | 5 | 4 | 5 | - | - | - | - | - |
Samos | 9 | 5 | 2 | 4 | 3 | - | - | - | 0 |
Sarria | 17 | 9 | 3 | 5 | 2 | 7 | 0 | 0 | - |
Triacastela | 7 | 4 | 2 | 5 | - | - | - | - | - |