Roberto Lolo confirma catro novos artistas que actuarán no XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

SarriaXa
Todos eles son moi novos, xa que o mago explica que se involucra coa xente nova que está empezando
Festival-Maxia-Sarria
24 Xuño 2024

O organizador do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, o mago Roberto Lolo, vén de anunciar outros catro artistas que estarán no evento os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto. Así, os catro artistas que confirma son Imanol, MagAldara, Magic Mateo e Alvart.

Así, Lolo di que sempre se involucra "coa xente nova que está empezando, e Sarria é o sitio ideal para eles, porque o público de aquí sempre trata cun cariño especial a cada artista, e máis cando debutan, facéndolles sentir como en casa", explica.

Con respecto a Imanol, explica que leva indo a Sarria cos seus pais cada ano ao Festival desde Bilbao e desde que era pequeno como afeccionado; "propúxenlle prepararse, trabalar duro, con cariño e, sobre todo, con paciencia e despois de varios anos, aquí estará como artista por primeira vez e os vai sorprender moitísimo e a min faime moi feliz".

A segunda é MagAldara, que debutou o ano pasado e "gañouse o agarimo incondicional do público, por iso volve, xa que tamén estivo no I Encontrol Rural de Maxia das parroquias e notouse a súa melloría e humildade".

O terceiro, Magic Mateo, é un rapaz que Roberto Lolo coñeceu hai 3 anos nun dos seus shows, e que "convidei a vir para que debutase en Sarria por primeira vez... e seguro que nos sorprende este ano tamén".

Finalmente, Alvart debutará este ano en Sarria, "para que se vaia curtiendo e collendo experiencia, así manterá a espiral a lume de biqueira, e encantaralle seguir facendo maxia", argumenta Roberto Lolo.

0.14515805244446