Roberto Lolo invita ao Mago Yericó como parte do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria
O mago sarriao Roberto Lolo vén de anunciar o primeiro artista que participará no XX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria no vindeiro mes de agosto de 2025.
Explica que, sen ter falado con el, o elixiu porque o perdeu todo por culpa da DINA de Valencia e quere lanzar esta iniciativa para promover que o Mago Yericó, de Valencia, poida vir a Sarria o vindeiro ano.
Desta maneira, Roberto Lolo quere que a xente coñeza "o bo mago que é, e sobre todo, o boa persoa que é o Mago Yericó, así como non perda a esperanza e poidamos entre todos aportar un graniño de area para iso", sostivo.
Así, o mago de Sarria destacou que, se pola razón que sexa, o Mago Yericó non puidese vir a Sarria, falaría co Concello "para que o presuposto da actuación quedara pechado igualmente para ti", conclúe.