Roberto Lolo presenta o programa completo do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

SarriaXa
Serán catro días (22, 23, 24 e 25 de agosto) cheos de maxia nos que 20 profesionais da maxia con recoñecemento nacional e internacional encherán a vila de Sarria de ilusión
Cartel-Festival-Internacional-de-Maxia-Vila-de-Sarria
31 Xul 2024

O XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria que se celebrará os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto na capital do Camiño Francés xa ten cartel oficial.

Así, Roberto Lolo, organizador do evento, xunto con outros 19 magos e magas de recoñecido renome a nivel nacional e internacional porán a maxia como protagonista durante catro días en diferentes escenarios.

Desta maneira, o xoves 22 de agosto comezará a maxia ás 12.00 horas na residencia de maiores con Roberto Lolo e Er Mago Antonio e pola tarde fará o seu O Mago Paco coa súa maxia infantil no Paseo do Malecón. A maxia seguirá ás 18.30 horas en Moncho Moda con Samuel Moreno, Mago Imanol e El Barón; e ás 19.30 horas na Travesía dos Soños, con Deimi Varela e Er Mago Antonio. Pola súa parte, a maxia infantil volverá ás 20.45 horas en Calzados Gayoso, con Alvart, MagAldara e Samuel Moreno; ás 21.30 horas terá lugar a maxia de preto polas mesas no Café Bar Cubano con Mago Imanol e Daniel Sánchez; e, a noite, ás 22.45 horas, será a Gran Gala Inaugural no Meigallo, da man do Mago Iago, Roberto Lolo, Jessica Guloomal, Yao Xinge e Er Mago Antonio.

A maxia seguirá o venres 23 ás 11.30 horas coa maxia infantil no Malecón con Judith Trililiri e o Mago Paco; ás 12.00 horas haberá maxia no CAPD de Sarria con Deimi Varela e Alvart; ás 12.30 horas terá lugar o Especial Maxia Infantil en Creados da man de MagAldara, Daniel Sánchez e Samuel Moreno; e, á súa vez, terá lugar unha sesión vermú con maxia de preto no Mercado Paladar Gourmet con Román García, Imanol e Er Mago Antonio. Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas será a quenda da Maxia Familiar no Montecarlo con Samuel Moreno, Magic Mateo e Mago Iago; ás 19.30 horas seguirá na terraza do Hotel Alfonso IX co Mago Paco, Jessica Guloomal e El Barón e ás 22.30 horas terá lugar a Gran Gala #SarriaesMagia no Meigallo da man de Magic Mateo, Judith Trililirí, Mariano Goñi, Miguel A. Gea, Christian Miró e presentada por Román García. Ademais, este día sumarase a Gala Especial Noite de Maxia no Don Pepe, con Deimi Varela, El Barón e Yao Xinge.

Pola súa parte, o sábado 24 a maxia volverá ás 12.30 horas co espectáculo ‘Maxia no Camiño Francés’ na praza Vigo na que actuarán Roberto Lolo e Edu el Mago coa colaboración do Camiño de Santiago Sarria e cunha homenaxe ao presidente da Asociación, Jorge López. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá maxia polas terrazas do Malecón con Samuel Moreno, MagAldara, Magic Mateo, Alvart, Imanol e Judith Trililirí; mentres que ás 18.30 horas terá lugar a Gran Gala de Maxia de Preto na Casa da Cultura, con Daniel Sánchez, Mariano Goñi, Román García e Miguel Ángel Gea; que virá seguida pola segunda Gala de Maxia en Galicia Accesible en lingua de signos no Meigallo ás 21.25 horas, na que estará Samuel Moreno, Roberto Lolo, Jessica Guloomal, Bruno Tarnecci e Edu el Mago. Finalmente, ás 23.45 horas, terá lugar a Gran Gala Nocturna de Maxia no Adarve con El Barón, Edu el Mago, Yao Xinge e Christian Miró.

Xa o último día, o 25, a maxia comezará ás 12.30 horas coa Gran Gala Infantil #Todopolosorrisodunneno no Meigallo, co Mago Paco, Judith Trililirí, Edu El Mago e Christian Miró; e á tarde, ás 18.00 horas terá lugar Maxia para toda a familia na Unión con Magic Mateo, Jessica Guloomal, o Mago Iago e Daniel Sánchez; así como ás 22.30 horas terá lugar a Gran Gala Final na praza da Vila, presentada por Roberto Lolo, e na que participarán o Mago Iago, Yao Xinge, El Barón, Jessica Guloomal, Christian Miró, Edu el Mago e Bruno Tarnecci.

0.15640187263489