Rocío Domínguez e Rafael Fernández recibiron as Medallas de Ouro de Paradela acompañados das súas familias

SarriaXa
O Concello de Paradela premiou a Rocío Domínguez, Presidenta da Asociación de Mulleres de Paradela, e Rafael Fernández, Garda Civil de Portomarín, con dúas Medallas de Ouro de Paradela no Centro cultural ‘Manuel Rodríguez López’.
20 Xan 2023

Ambas as dúas familias dos homenaxeados participaron deste acto, ofrecendo o seu apoio e cariño a cada un dos xa considerados heroes por atopar a dúas veciñas desaparecidas o 15 de decembro de 2021.

O alcalde do municipio, José Manuel Mato, destacou o labor dos homenaxeados pola súa colaboración e implicación na localización de dúas veciñas de Paradela (nai e filla, de 90 e 65 anos) que saíron en coche do seu domicilio e foron atopadas horas despois desorientadas á beira do río Loio.

0.17598295211792