Roi Pérez López proclámase de novo Campión de España de Wu Shu

SarriaXa
A súa andaina nas artes marciais comezou no ano 2011, cando apenas contaba con oito ou nove anos
roi perez wu shu madrid
22 Jun 2025

Roi Pérez López, integrante do grupo Kung Fu Láncara, volveu facerse co título de Campión de España na modalidade de Qing Da menos de 75 kg, no marco do XXXI Campionato de España de Wu Shu, celebrado este sábado 21 de xuño de 2025 en Madrid.

Este novo éxito deportivo súmase a unha traxectoria exemplar, marcada pola disciplina, o esforzo e a constancia. Roi, estudante do grao de Enxeñaría Aeroespacial na Universidade de Vigo, é recoñecido non só polos seus logros deportivos, senón tamén pola súa actitude dentro e fóra do tatami.

A súa andaina nas artes marciais comezou no ano 2011, cando apenas contaba con oito ou nove anos. Desde entón, mantivo sempre unha motivación firme, loitando por acadar cada un dos seus obxectivos. No grupo Kung Fu Láncara expresan o seu orgullo por contar cun deportista coma el, "que vive intensamente o Wu Shu e o Kung Fu, e que representa con honra e dedicación os valores destas disciplinas".

⚙ Configurar cookies
0.14747190475464