Roll & Record desde Francia, novo artista confirmado para o Festival Tremeterra no Incio

SarriaXa
O Festival Tremeterra segue así afianzando a súa identidade como espazo de encontro para os amantes do reggae, dub e cultura soundsystem
artista-Roll-Tremeterra-Fest
23 Apr 2025

O Incio prepárase para vibrar este verán coa cuarta edición do Festival Tremeterra, que terá lugar os días 29 e 30 de agosto, no marco do IV Encontro Soundsystem da Terra Brava.

A organización acaba de anunciar unha incorporación que promete facer tremer os vales da zona: o grupo Roll & Record, procedente de Rennes, Francia, únese ao cartel deste esperado evento.

Co seu combo explosivo de riddims dixitais, raíces profundas e moita independencia creativa, Roll & Record trae unha proposta única que mestura o classic reggae dos anos 80 coa vangarda do dub máis actual. Un son que convida ao baile e á conexión co espírito máis rebelde e festivo da música soundsystem.

O Festival Tremeterra segue así afianzando a súa identidade como espazo de encontro para os amantes do reggae, dub e cultura soundsystem, con artistas de dentro e fóra de Galicia, nunha contorna natural privilexiada.

⚙ Configurar cookies
0.14254188537598