Rúa da Música e SALA Buril de Sarria organizan un festival gratuíto para a sociedade

SarriaXa
Baixo o nome de 'É RÚA É NOSA, FEST1', este é un festival de confraternidade pensado por e para a veciñanza, que celebra a música e o espírito de comunidade
Buril-ACDE
14 May 2025

As asociacións culturais Rúa da Música e SALA Buril organizan a primeira edición de 'É RÚA É NOSA, FEST1', un festival de confraternidade pensado por e para a veciñanza, que celebra a música e o espírito de comunidade.

O evento celebrarase de forma gratuíta este sábado, 17 de maio, a partir das 18:00 horas cunha xornada de música en directo e unha cena vermú con churrasco, "pensada como un xesto de agradecemento ás veciñas e veciños pola súa comprensión, apoio e paciencia ante o volume que, en ocasións, poden xerar as nosas actividades", explican.

Así, engaden que "queremos devolver ese cariño cunha celebración aberta, festiva e compartida, que poña en valor a convivencia, a cultura e o espírito comunitario".

Durante a xornada, as bandas actuarán de xeito rotativo entre dous escenarios situados nos espazos das asociacións organizadoras, ofrecendo unha experiencia continua e inmersiva para o público.

Estas bandas son Nuclear Waste, UNtides, Uguns Project, Javi Metals, Nucleas e TBA.

⚙ Configurar cookies
0.12887287139893