Rúa da Música está a elaborar un CD con motivo do seu décimo aniversario

SarriaXa
Rúa da Música está a elaborar un CD con motivo do seu décimo aniversario
rua da musica
rua da musica
22 Feb 2023

A Asociación Rúa da Música de Sarria está elaborando un disco con motivo do seu décimo aniversario no que están incluídos todos os grupos e artistas que formaron parte da asociación desde a súa posta en marcha ata agora.

Este disco dobre incluirá máis de vinte cancións de bandas que se crearan dentro da asociación ou que pasaran polo local nalgún momento da súa existencia, polo que se pode atopar cantautores, estilo punk, pero sobre todo "moito rock", afirma o seu presidente, Jesús.

Por outra parte, desde a asociación comentan que xa están preparando o Festival Garitosis para este mes de setembro.

0.16618585586548