Rubén Ríos e Paula Vázquez dominan a IV Carreira Popular Concello de Paradela

SarriaXa
A alcaldesa Montserrat Mulet sumouse ao evento, destacando a importancia do deporte para a saúde e o benestar da veciñanza
Carreira-popular-Paradela-2025
17 Jun 2025

O Concello de Paradela celebrou a IV Carreira Popular Concello de Paradela, incluída no circuíto Miño-Ulla 2025, cunha alta participación nas modalidades absoluta e de andaina. A alcaldesa Montserrat Mulet sumouse ao evento, destacando a importancia do deporte para a saúde e o benestar da veciñanza.

Na categoría absoluta, Rubén Ríos e a súa compañeira de equipo Paula Vázquez, ambos do AD Cerne, foron os máis rápidos da proba. Daniel Pena López conseguiu o bronce, sen conseguir poñer en apretos aos dous primeiros clasificados. Na categoría feminina, Paula Vázquez superou por unhas centésimas a Laura López (Muller en Forma), mentres que Marta Marqués Prado cruzou a meta un minuto e catro segundos máis tarde.

Nas categorías sub-16 e sub-14, Claudia Carballal Marqués (Atletismo A Gándara) foi a máis destacada. Tras ela chegaron Sabela Sánchez Vázquez (Atletismo Friol) e Xiana Farías Novoa (Lucus Caixa Rural Galega), que completaron o podio. O cuarto posto foi para Roi Andón Alonso (Atletismo Friol), que foi tamén o primeiro home en cruzar a meta. Hugo Beulinks ocupou a segunda posición masculina.

⚙ Configurar cookies
0.21653008460999