Rubián celebra as festas na honra ao Divino Ecce Homo con tres días de música e tradición

SarriaXa
A verbena final reunirá sobre o escenario á orquestra Los Satélites e de novo ao grupo Punto Clave, que porán o broche final a tres días de celebración
orquesta_los_satelites
8 Sep 2025

A parroquia de Rubiánn, no concello do Incio, prepara xa as súas festas na honra ao Divino Ecce Homo, que terán lugar os días 14, 15 e 16 de setembro cun completo programa que combina tradición relixiosa, gastronomía e verbena.

O domingo 14 celebrarase unha pancetada popular amenizada polo dúo Son de Festa, tras as misas da mañá que se oficiarán ás 10.00, 11.00, 12.00 e 13.00 horas.

O luns 15 haberá misas ás 11.00, 12.00 e 13.00 horas, seguidas dunha procesión acompañada pola banda de Paradela. A sesión vermú estará tamén a cargo de Son de Festa e pola tarde volverá actuar a banda de Paradela. A verbena da noite contará coa música da orquestra Marbella e do grupo Los Coleguitas.

O martes 16, día grande de despedida, celebraranse misas ás 12.00 e 13.00 horas e a sesión vermú correrá a cargo de Punto Clave. A verbena final reunirá sobre o escenario á orquestra Los Satélites e de novo ao grupo Punto Clave, que porán o broche final a tres días de celebración.

⚙ Configurar cookies
0.15579605102539