Rueda convoca as eleccións galegas para o 18 de febreiro

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O 18 de febreiro haberá eleccións en Galicia.
21 Dec 2023

O 18 de febreiro haberá eleccións en Galicia. Serán as primeiras desde 2009 nas que o candidato do PP non será Alberto Núñez Feijóo.

O seu sucesor á fronte da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou esta mañá a data, despois de meses sen aclarar se as eleccións íanse amplair. “Veño de trasladar a miña decisión de convocar eleccións para o domingo 18 de febreiro”, dixo ao termo do Consello de Goberno.

A data coincide coa celebración do Entroido, unha das festas máis destacadas en Galicia, en especial nalgunhas zonas como Ourense.

REACCIÓN SOCIALISTA

José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, reaccionou este xoves á convocatoria das eleccións galegas para o 18 de febreiro asegurando que “os socialistas galegos somos os únicos capaces de liderar o cambio seguro en Galicia”.

O candidato dos socialistas galegos amosou a súa satisfacción polo adianto electoral anunciado hoxe polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, logo do Consello de Goberno. “Alegrámonos moito de que Rueda nos fixera caso e convocara as eleccións. Xa falta menos para que Galicia pase dun goberno de confrontación a un goberno que ofreza solucións”, alegou Besteiro.

“Os socialistas galegos estamos unidos, preparados e somos os únicos capaces de liderar o cambio seguro en Galicia”, remarcou o tamén deputado lucense, quen incidiu en que o PSdeG é un partido con “traxectoria, equipo e un proxecto absolutamente claro”.

“A Galicia quédanlle 59 días para despedirse deste goberno triste e que gañe a esperanza”, concluíu un Besteiro que se amosa optimista de cara a estes comicios.

(Noticia en ampliación)

0.16833591461182