Sacarase a licitación o servizo de recollida de lixo de Sarria co fin de mellorar e reducir custos

SarriaXa
Ademais, no medio rural proxéctase instalar unha especie de illas medioambientais para favorecer a recollida selectiva
rúa-Sarria-comercio
13 Ago 2024

O Concello de Sarria deberá actualizar o servizo de recollida de lixo, tendo que sacar a licitación a xestión de residuos por 1,6 millóns de euros, debido a que a concesionaria traballa sen contrato desde 2019.

Desta maneira, desde o Goberno local anuncian que a empresa adxudicaria terá que recoller a obriga legal de actualizar e adaptar as tarifas ao custo real do servizo, recollendo a suba de tarifas da empresa Sogama.

A actual ordenanza fiscal do servizo, que é de 2016, non se actualizou ata este momento, o que supón un desfase económico agravado pola necesidade de revisar o padrón de usuarios no medio rural.

Pola súa parte, con respecto á inclusión do contedor marrón para orgánicos que se está dispoñendo en diversos puntos da vila de Sarria non suporá un problema, só que será un maior custo económico no servizo.

Ademais, Claudio Garrido disculpouse ante a veciñanza e usuarios do servizo de recollida de lixo pola “mala imaxe derivadas das posibles deficiencias do servizo”, polo que se buscan solucións a este problema.

Novidade no servizo de recollida

Pola súa parte, no medio rural proxéctase instalar unha especie de illas medioambientais co fin de que a veciñanza poida acceder de forma sinxela e contedores de recollida selectiva.

A intención é conseguir un servizo máis sostible, así como aforrar custos, xa que os produtos que se levan a Sogama e non son incinerables, incrementa o prezo do servizo.

Ademais, a instalación destes lugares poderá evitar que o camión do lixo pase dúas veces por semana aos 270 núcleos de poboación do medio rural, o que aforraría tamén un custo económico grande, o que podería  supoñer, á vez, dispoñer de diñeiro para renovar camións, adquirir barredoras, contratar máis persoal…

0.1397008895874