Samos abre o prazo para cubrir unha praza temporal de coidador/a das Vivendas Comunitarias

SarriaXa
As solicitudes poderán presentarse ata o 19 de agosto, segundo as bases aprobadas pola Alcaldía
Concello-de-Samos
15 Aug 2025

O Concello de Samos publicou as bases que rexerán o procedemento de selección de persoal laboral temporal para cubrir unha praza de coidador/a das Vivendas Comunitarias.

A alcaldesa aprobou este proceso mediante o Decreto nº 2025-0159 do 7 de agosto de 2025.

O prazo para a presentación de solicitudes, aberto dende onte, manterase ata o 19 de agosto, tal e como se indica no anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

As persoas interesadas deberán axustarse aos requisitos e procedementos recollidos nas bases da convocatoria.

⚙ Configurar cookies
0.14815402030945