Samos acolle a presentación dun programa deseño de experiencis turísticas do GDR Ribeira Sacra - Courel

SarriaXa
O GDR Ribeira Sacra – Courel presentará un programa deseño de experiencias turísticas no Destino Courel o vindeiro 15 de xaneiro ás 11.
11 Xan 2024

O GDR Ribeira Sacra – Courel presentará un programa deseño de experiencias turísticas no Destino Courel o vindeiro 15 de xaneiro ás 11.30 horas na Casa do Concello de Samos.

Esta iniciativa ten como obxectivo integrar a oferta de experiencias turísticas do destino Courel para a promoción de experiencias turísticas únicas, diferenciadas e que permitan conectar ao turista co territorio.

Durante a xornada de presentación, entregarase a ficha de inscrición a cada empresario, que deberá devolver cuberta para poder participar deste programa, que se desenvolverá entre febreiro e marzo.

0.13256001472473