Samos acolle a proxección de "Antes de Nós" con Pepe Coira

SarriaXa
O actor Xoán Fórneas protagoniza este filme sobre a vida de Castelao, que poderá verse de balde no Multiusos
antes-de-nos-xoan-forneas-castelao
26 Nov 2025

O vindeiro venres 28 de novembro, ás 19:30 horas, Samos acollerá a proxección de "Antes de Nós", un filme que ofrece unha mirada ao lado máis humano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e que foi estreado no Festival de Cans.

A película centra a súa atención en dous momentos clave da súa vida: a súa dedicación como médico en Rianxo durante a epidemia de gripe española en 1918 e o viaxe a Bretaña en 1929 xunto á súa muller Virxinia pouco despois da morte do seu fillo.

A obra explora o seu amor, o seu dolor e as súas contradicións, amosando un Castelao vulnerable e persoal antes de converterse en figura pública. O actor lugués Xoán Fórneas dá vida ao protagonista e Pepe Coira, guionista da película, participará nun coloquio tras a proxección.

O evento terá lugar no Salón de Actos do Multiusos e a entrada será gratuíta, aberta a todos os públicos.

⚙ Configurar cookies
0.067217111587524