Samos acolle a proxección de 'Pura', a curtametraxe gañadora dos Mestre Mateo 2025

SarriaXa
A directora Carmen Méndez asistirá ao encontro, que inclúe un coloquio co público tras a película
Pura
19 Nov 2025

O Concello de Samos prepara para o vindeiro venres, 21 de novembro, unha cita cinematográfica especial coa proxección de 'Pura', a obra recoñecida como mellor curtametraxe nos Premios Mestre Mateo 2025.

A sesión terá lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos do Multiusos e contará coa presenza da directora do filme, Carmen Méndez, quen participará nun coloquio aberto ao público ao remate da proxección.

A actividade, de carácter gratuito, ofrece á veciñanza e visitantes a oportunidade de achegarse a unha das producións máis destacadas do audiovisual galego recente, ademais de dialogar directamente coa súa creadora nun espazo de intercambio e reflexión sobre o proceso creativo e as temáticas da obra.

⚙ Configurar cookies
0.048861980438232