Samos acolle a reunión de expertos sobre os retos da Economía Azul

SarriaXa
Este encontro buscará analizar como a vila pode aproveitar as súas capacidades para impulsar proxectos innovadores que beneficiarán á súa economía local e á súa inserción no espazo atlántico
praza-Vergara-Samos-(1)
17 Feb 2025

Este venres, 21 de febreiro, Samos será o escenario dunha reunión exclusiva de expertos no marco do proxecto ATLIC do programa Interreg Atlantic Area da Unión Europea.

O encontro terá como obxectivo analizar os resultados dunha enquisa sobre a Economía Azul e debater os retos que presenta esta disciplina para as comunidades atlánticas.

A reunión reunirá a especialistas na materia, que compartiran os seus coñecementos sobre a Economía Azul, un concepto que reflicte as oportunidades de desenvolvemento económico e sostible vinculadas aos recursos marítimos e as súas potencialidades para as comunidades.

Samos, sendo unha comunidade de interior, ten a oportunidade de destacar o seu potencial no ámbito do desenvolvemento sostible, facendo especial énfase na súa conexión co mar a través da Economía Azul.

Este encontro tamén buscará analizar como a vila pode aproveitar as súas capacidades para impulsar proxectos innovadores que beneficiarán á súa economía local e á súa inserción no espazo atlántico.

Un dos puntos clave desta reunión será traballar nas accións que se levarán a cabo coas xoves e mulleres rurais dentro do proxecto Atlantic InnoBlue Communities, co fin de promover a innovación e o desenvolvemento sostible nas zonas rurais atlánticas.

Este encontro representará unha gran oportunidade para avanzar no fortalecemento da economía azul e na creación de novas iniciativas para as comunidades do Atlántico.

0.17395997047424