Samos acolle este sábado os II Cantos de Taberna con música, foliada e tradición

SarriaXa
Samos encherase de música e folclore, consolidando os Cantos de Taberna como unha cita anual imprescindible no calendario cultural da localidade
Cantos-de-Taberna-de-Samos
10 Apr 2025

Este sábado, 12 de abril, Samos celebrará a segunda edición dos Cantos de Taberna, un evento que reunirá música, foliada, tradición e folclore en distintos locais do municipio.

Desde as 19.30 horas, os grupos participantes percorrerán varios bares e restaurantes da zona, ofrecendo actuacións en directo que encherán de ritmo e cor as rúas de Samos.

Os locais que participarán nesta edición son Mesón A Pontenova, Hotel A Veiga Samos, Restaurante Albaroque, Bar Abadía, Tras Convento, A Cantina de Renche e Casa de Aira Padron, onde os asistentes poderán disfrutar das interpretacións dos grupos musicais.

Entre os grupos participantes atópanse Son de Outeiro, Nubeiro Son Galego, Toxo Queimado, Os Ministreles, Son do Mao e Os Trece de Lugo, todos eles con amplo repertorio de música tradicional galega que promete animar a noite samonense.

Os Cantos de Taberna son unha excelente oportunidade para disfrutar da riqueza cultural da comarca, cun ambiente cercano e festivo que une á comunidade en torno á música e ás tradicións populares. Ademais, o evento serve como unha posta en valor dos bares e restaurantes locais, converténdoos nos protagonistas dunha xornada de lecer, convivencia e cultura.

Este sábado, Samos encherase de música e folclore, consolidando os Cantos de Taberna como unha cita anual imprescindible no calendario cultural da localidade.

⚙ Configurar cookies
0.11182188987732