Samos acolle o I Ciclo de Música Medieval este sábado 28 de setembro

SarriaXa
O Mosteiro de Samos será o escenario do concerto de música medieval que ofrecerá o grupo Malandança
Mosteiro-de-Samos-e-rio
24 sep 2024

Este sábado, 28 de setembro, coincidindo co Obradoiro Benito Jerónimo Feijoo de Samos, desenvolverase no municipio samanense o I Ciclo de Música Medieval a partir das 20.00 horas.

Desta maneira, o Mosteiro de Samos acollerá un concerto de música medieval da man de Malandança, unha agrupación fundada en Santiago de Compostela no ano 2000 que entende a música medieval como un territorio no que a interpretación e a investigación son asuntos interdependientes.

“Nas últimas décadas o interese pola música antiga permitiunos a recuperación de estilos musicais que se crían perdidos. Grazas ás achegas de múltiples intérpretes, musicólogos e historiadores ao longo destes anos, logrouse salvar en parte a ruptura na tradición interpretativa doutros estilos, como a música barroca”.

Este evento enmárcase dentro do I Ciclo de Música Medieval Lugo: de trovas e cantigas, organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da área de Artesanía e Deseño.

0.06450891494751