Samos acolle un concerto para visibilizar as mulleres compositoras postergadas na historia

SarriaXa
Con motivo da programación do 25N, o salón de actos do Multiusos de Samos acolle o concerto Música de mulleres para ser cantada por mulleres, do proxecto Creadoras de Música, da man do grupo vogal Cantar Delas.
cantar_delas
17 Nov 2023

Con motivo da programación do 25N, o salón de actos do Multiusos de Samos acolle o concerto Música de mulleres para ser cantada por mulleres, do proxecto Creadoras de Música, da man do grupo vogal Cantar Delas. A cita, que comezará ás 18.00 horas, está dirixida por Fernando G. Jácome.

O obxectivo da proposta é dar a coñecer as composicións musicais e as súas creadoras, postergadas durante séculos é escuridade da historia. "Na historia da humanidade faltan as páxinas das aportacións femininas á construción cultural e social. Mulleres escritoras, filósofas, pintoras, científicas e compositoras foron esquecidas, ignoradas e silencias por unha sociedade construída en masculino que relegou as mulleres a un papel secundario, negándolles o acceso á educación e atribuíndolles como rol fundamental o reprodutivo e o ámbito privado. Confinadas no silencio, as compositoras e intérpretes foron invisibilizadas e, aínda hoxe, silenciadas. A ruptura do silencio pasa polo coñecemento e o recoñecemento do seu valor e capacidade creativa", explican desde a organización.

O repertorio está formado por composición desde o século XII ata o século XX. Os asistentes poderán gozar os que se acheguen está O virtus sapientiais do século XII; Quantas sabedes amar amigos do século XIII-XIV; A alba venid, buen amigo. Cacioneiro de Palacio nº6 e Se me a min nao casan. Cancioneiro de París nº19.

Entre as composicións populares, soarán Alalá de Triacastela. Tradicional, Romance da lavandeira. Tradicional e Alalá das Mariñas. Do século XIX e XX, están A marcha das mulleres e Volver a los 17. No programa tamén se inclúen Coplas de Cun de Modesta Bor, Si a mí me hubieran dicho de Beatriz Corona e Miserere de Eva Ugalde, entre outras.

cantar_delas_concello_de_samos

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1304018497467