Samos acolle un curso sobre aplicacións de intelixencia artificial para o turismo

A Biblioteca Municipal de Samos será o escenario o vindeiro xoves 30 de outubro, a partir das 18:00 horas, do curso titulado “Aplicacións de Intelixencia Artificial que poden axudarme”, impartido por Eduardo Ulloa.
A iniciativa enmárcase no programa “Transformando o turismo” e busca achegar as ferramentas dixitais e a intelixencia artificial ás persoas interesadas en mellorar os seus proxectos ou negocios vinculados ao sector turístico.
As persoas que desexen participar deben inscribirse enviando unha mensaxe co seu nome e apelidos ao número de teléfono 620 789 835. A organización lembra que é necesario levar o móbil ou o portátil completamente cargado para seguir o desenvolvemento práctico do curso.
As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes para poder participar nesta actividade formativa que pretende impulsar a innovación tecnolóxica no turismo local.