Samos acolle unha charla de infoconsumo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
SarriaXa
A Casa do Concello de Samos acolle unha charla informativa 'Infoconsumo' este xoves, 31 de xaneiro, ás 12.
30 Xan 2024
A Casa do Concello de Samos acolle unha charla informativa 'Infoconsumo' este xoves, 31 de xaneiro, ás 12.00 horas.
Nesta iniciativa, falarase sobre dereitos básicos das persoas consumidoras, polo que todas as persoas que queiran participar, poderán facelo de forma gratuíta.
A iniciativa, promovida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia de Galicia, será unha das primeiras sesións, xa que o vindeiro 14 de febreiro haberá outra sobre servizos financeiros e bancarios.