Samos acolle unha charla informativa sobre o infoconsumo para toda a veciñanza
SarriaXa
A Casa do Concello de Samos acolle unha charla informativa sobre infoconsumo este mércores, 14 de febreiro, a partir das 12.
12 Feb 2024
A Casa do Concello de Samos acolle unha charla informativa sobre infoconsumo este mércores, 14 de febreiro, a partir das 12.00 horas.
Organizada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, nesta xornada falarase sobre servizos financeiros e bancarios e sobre a conta de pago básica e a tarxeta.
Todos os veciños e veciñas de Samos interesados en participar desta iniciativa poderán facelo de forma gratuíta e libre, xa que non ten límite de participantes nin custo.