Samos acollerá a 4ª edición das xornadas sobre actividades agro-gandeiras fronte aos incendios na montaña

O vindeiro 24 de xaneiro celebrarase en Samos a cuarta edición das xornadas organizadas pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF), baixo o título “As actividades agro-gandeiras fronte aos incendios na montaña. Experiencias”. Nesta ocasión, o evento centrarase na “Produción de vacún de calidade como alternativa”.
A cita terá lugar na antiga biblioteca do Concello de Samos a participación é gratuíta. Para asistir será preciso anotarse a través do correo electrónico courel169@gmail.com ou por WhatsApp, nos teléfonos 686 620 154 (Eloi) ou 628 713 263 (Víctor). Ademais, os asistentes deben indicar se participarán no xantar.
As xornadas contan coa colaboración do Concello de Samos, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Innogando e AGACAL.