Samos acollerá a representación teatral da obra 'Novo Amencer' de Achádego Teatro
A obra de teatro 'Novo Amencer' de Achádego Teatro será representada o vindeiro sábado 30 de novembro no local cuberto do campo da festa de Samos.
Desta maneira, todas as persoas interesadas en desfrutar desta representación teatral poderán facelo de forma gratuíta ás 18.00 horas do día 30.
A obra representa unha divertida crítica distópica ambientada nunha comunidade moi peculiar na que non hai ninguén normal, como na vida mesma. "Todas as persoas estamos un pouco perdidas, buscando algo ao que aferrarnos e que lle dea sentido as nosas vidas, o problema é que hai moitas opcións e non sempre escollemos a axeitada".
Novo Amencer é unha comedia que pon o foco nas falsas crenzas, nos líderes de barro, na inocencia e naqueles que se aproveitan dela para o seu propio beneficio.