Samos acollerá en verán un campo de voluntariado da Xunta no que participarán 15 rapaces
Samos acollerá, por primeira vez, un campo de voluntariado da Xunta que estará formado por 15 persoas de entre 18 e 30 anos, e que desfrutarán de diferentes actividades arredor do municipio.
A iniciativa, solicitada polo Concello de Samos e proxectada pola empresa Vida Láctea, forman parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a contorna a través de traballos diversos.
Concretamente, entre os días 1 e 12 de agosto, os participantes desenvolverán un programa de pódcast, crearán unha audioguía sobre o mosteiro de Samos e outros lugares de interese, desenvolverán tarefas e dinamización e labores medioambientais na contorna do Camiño Francés.
A través destes labores, coñecerán a zona, desenvolverán actividades na ruta xacobea e practicarán deporte e ocio, xa que a gravación do podcast, por exemplo, farase todas as mañás na praza do Concello cun equipo profesional e poderán gravar tamén as parroquias de Samos cun dron.
Ademais, tamén acondicionarán e limparán sendeiros na contorna do Camiño de Santiago e poderán proponer ideas para mellorar Samos como destino turístico.
O campo de Samos ten a finalidade de continuar no tempo e será o primeiro que se faga na comarca despois dos celebrados en Triacastela hai anos.