Samos acollerá o XXXIII Torneo de Fútbol Sala a partir do 2 de abril

SarriaXa
O torneo contará con árbitros da Federación Galega de Fútbol, e conta coa colaboración do Concello de Samos e da Deputación de Lugo
Torneo-futbol-sala-samos-2025
27 Mar 2026

O Samos Fútbol Sala organiza a trixésimo terceira edición do seu Torneo de Fútbol Sala os vindeiros 2, 3, 4 e 5 de abril no pavillón municipal, unha cita xa consolidada no calendario deportivo da comarca e que este ano celebra 33 anos de historia.

O torneo contará con árbitros da Federación Galega de Fútbol, e conta coa colaboración do Concello de Samos e da Deputación de Lugo.

A organización establece premios para os catro primeiros clasificados. O equipo campión levará 1.200 puntos máis trofeo; o subcampión, 600 puntos e trofeo; o terceiro clasificado obterá 300 puntos e trofeo; mentres que o cuarto recibirá 200 puntos e trofeo.

A cota de inscrición está fixada en 150 puntos, incluíndo o seguro de xogadores. O prazo para anotarse remata o 31 de marzo ás 14.00 horas. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición a través dos teléfonos facilitados pola organización.

O sorteo celebrarase o 31 de marzo ás 21.00 horas na Biblioteca de Samos, onde quedarán definidos os emparellamentos de oitavos de final.

0.12339687347412