Samos acollerá unha nova actividade deportiva, 'Circl Mobility'
SarriaXa
Terá lugar os martes e venres ás 19.00 horas despois das clases de zumba
5 Out 2024
O Concello de Samos conta, neste novo curso, con diversas actividades deportivas, como son zumba e ‘stretching flow’, así como tamén obradoiros manuais.
A estas, vén de sumarse outra actividade que terá lugar despois das clases de zumba, que se imparten os martes e venres ás 18.00 horas no pavillón do colexio.
Así, ‘Circl mobility’ terá lugar ás 19.00 horas tamén martes e venres no pavillón do colexio, despois das clases de zumba, para relaxarse a través de exercicios de flexibilidade, respiración e mobilidade.
Con esta actividade, as persoas participantes mellorarán a súa postura corporal, a circulación do sangue, o equilibro, o rango de movemento e a saúde articular.