Samos acolleu a obra para concienciar sobre a violencia de xénero de Estíbaliz Veiga
SarriaXa
A actriz Estíbaliz Veiga actuou coa súa obra 'Golpes' este domingo no salón de actos do edificio multiusos do Concello de Samos con motivo da programación polo 25N.
20 Nov 2023
A actriz Estíbaliz Veiga actuou coa súa obra 'Golpes' este domingo no salón de actos do edificio multiusos do Concello de Samos con motivo da programación polo 25N.
Así, o recinto acolleu a veciños e veciñas que quixeron participar dun espectáculo teatral pedagóxico, que analizou o impacto da violencia de xénero nas mulleres, polo que as persoas asistentes saíron "contentas", segundo explica a alcaldesa, Chus López.
A obra ‘Golpes’ tenta concienciar á mocidade na prevención da violencia de xénero, aínda que é unha obra enfocada a todos os públicos, polo que participaron tanto maiores como pequenos.