Samos acolleu a XII Xuntanza de antigos exalumnos do Mosteiro de Samos
SarriaXa
Durante a xornada fixéronse lecturas de textos e lanzamento de flores ao río, en memoria e homenaxe aos compañeiros xa falecidos
18 Jun 2024
Samos acolleu a XII Xuntanza de antigos exalumnos do Mosteiro de Samos, que foron recibidos pola alcaldesa de Samos, Chus López, a cal lles ensinou as dependencias da Casa do Concello, a Praza Vergara Vilariño e o entorno do mosteiro.
Ademais, durante a xornada fixéronse lecturas de textos e lanzamento de flores ao río, en memoria e homenaxe aos compañeiros xa falecidos. Tamén se proxectaron fotos de anteriores xuntanzas.
Desde o Goberno local agradecen a estes exalumnos "seguir celebrando esta Xuntanza e por convidarnos a ser partícipes da mesma. É todo un orgullo ver o cariño que amosades por Samos e que o trasladades alá donde vades. Esperamos que siga sendo por moitos anos".