Samos aproba un orzamento de 1,3 millóns para 2025 cun forte peso do gasto en persoal

SarriaXa
As contas municipais reservan a maior parte para nóminas e servizos sociais; o Entroido e San Bieito serán festivos locais en 2026
samos-concello
3 Aug 2025

O Concello de Samos vén de aprobar o orzamento municipal para o ano 2025, que ascende a 1.359.008 euros. Segundo recolle o documento, a maior parte das contas —986.085 euros— destínase a gastos de persoal. Esta partida inclúe as retribucións das traballadoras das vivendas comunitarias, do Servizo de Axuda no Fogar, así como dos operarios municipais e o persoal de oficinas.

En canto aos gastos correntes en bens e servizos, a contía achegase aos 315.000 euros. Tamén se contemplan 41.596 euros para transferencias correntes, 900 euros en gastos financeiros e 15.513 euros no fondo de continxencias, unha reserva económica para facer fronte a imprevistos que poidan xurdir durante o exercicio.

Durante o mesmo pleno extraordinario aprobáronse os dous festivos locais para o ano 2026: serán o martes de Entroido, o 17 de febreiro, e o luns de San Bieito, o 13 de xullo, días sinalados na tradición local de Samos.

⚙ Configurar cookies
0.17187595367432