Samos aproba unha modificación de crédito por máis de 80.000 euros

SarriaXa
O Goberno local de Samos vén de aprobar unha modificación de crédito por importe de 80.
Concello de Samos
4 Dec 2023

O Goberno local de Samos vén de aprobar unha modificación de crédito por importe de 80.861 euros, destinados a pagar indemnizacións, facturas e pagos de electricidade e recollida de residuos.

A alcaldesa de Samos, Chus López, explica que o Concello ten prorrogados os orzamentos desde 2021, un feito que ocasiona que sexa necesario recorrer a este tipo de modificacións de crédito.

A modificación, aprobadada polo bipartito e coa abstención do PP, permitirá compensar con 22.261 euros ao persoal que ten fallos xudiciais a favor de pagarlle os despidos ou vacacións non desfrutadas que derivan da “mala xestión” do anterior Goberno, explican desde o Goberno local.

Por outra parte, outros 20.000 euros irán destinados ao pago de facturas do servizo de axuda no fogar e 9.500 para gastos de servizos sociais de quilometraxe, alimentación ou combustible.

Por último, 28.300 euros dos máis de 80.000 dedicaranse a pagos de electricidade e recollida de residuos.

Outros asuntos no pleno

Pola súa parte, o PP levou ao pleno unha moción para promover unha nova traída da auga en Lamartín, un lugar da parroquia samanense de Loureiro.

Esta iniciativa foi rexeitada tanto por BNG como polo PSOE, ao considerar o bipartito que é mellor analizar primeiro que falla na traída existente, xa que se fixo un investimento hai poucos meses para cambiar a tubaxe.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.097416162490845