Samos aprobou tres modificacións de crédito por 20.000 euros
SarriaXa
O pleno de Samos aprobou tres modificacións de crédito dun total de máis de 20.000 euros, entre as que se encontra a reapertura da piscina.
6 Xuño 2021
O pleno de Samos aprobou modificacións de crédito dun total de máis de 20.000 euros.
As modificacións de crédito serán tres: a redacción de proxectos de obras, actuacións previas á renovación do alumeado e a apertura da piscina municipal. Nesta última, a intención é abrila en verán sempre e cando as limitacións e as normas sanitarias o permitan. Así pois, empregarase ese diñeiro para gastos de funcionamento e de persoal.