Samos busca o irmandamento con Vega de Espinareda, que tamén posúe un mosteiro beneditino

SarriaXa
Samos comeza os trámites para poder irmandarse co municipio Vega de Espinareda, de León, por compartir similitudes, como ter un mosteiro beneditino, aínda que no caso leonés non teñen comunidade de monxes como a de Samos.
11 Apr 2024

Porén, ambos concellos posúen características similares, como que se atopan entre montañas, son completamente rurais e teñen un mosteiro beneditino. Ademais, Vega de Espinareda limita coa provincia de Lugo e pertenece aos Ancares, na comarca do Bierzo.

Durante o pasado pleno, aprobouse comenzar así coas xestións para conseguir o irmandamento e foi nomeada unha comisión formada polo tenente de alcalde José Antonio García Jurjo, o concelleiro José Manuel López Préstamo e o presidente da Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos, José Fernández.

Con esta iniciativa, búscase promover acción culturais e visitas de Samos a Vega de Espinareda, promocionar ambos concellos, tanto polos seus produtos como polas súas celebración, e promover o turismo.

0.14641904830933