Samos celebra o Entroido 2026 cunha xornada festiva chea de música, contos e tradición

SarriaXa
O campo da festa acollerá o 17 de febreiro unha programación continua desde a mañá con actividades para todos os públicos
Entroido-Samos
5 Feb 2026

O Entroido 2026 chega ao concello de Samos o vindeiro 17 de febreiro cunha celebración aberta a todos os públicos que se desenvolverá no campo da festa ao longo de toda a xornada.

A programación arrancará ás 11:00 horas coa chegada da Furgoteca, que ofrecerá unha sesión de contacontos e pintacaras pensada especialmente para o público infantil, abrindo así unha mañá marcada pola participación das familias.

A partir das 12:00 horas será a quenda dos contacontos cos relatos de Meigas e Trasnos, unha proposta que afonda no imaxinario popular galego e que dará paso, tamén ao mediodía, ao desfile de Pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional Son do Ladrá e Os Sureños, encargados de poñer o acompañamento sonoro á festa.

O Entroido de Samos preséntase así como unha cita pensada para desfrutar en comunidade, combinando actividades culturais, música e animación nun ambiente festivo que se prolongará desde as primeiras horas do día.

⚙ Configurar cookies
0.071758985519409