Samos celebra o Entroido con música, talleres e tradición

O próximo martes 4 de marzo, Samos vestirase de festa para celebrar o Entroido cunha xornada chea de actividades para todas as idades.
O evento terá lugar no Campo da Festa, na zona cuberta, a partir das 12.00 horas.
Os asistentes poderán gozar da Furgoteca, que ofrecerá pintacaras e contacontos, así como dun obradoiro de máscaras para fomentar a creatividade dos máis pequenos.
A música será protagonista co pasarrúas de Os Sureños de Lugo, que comezará ás 12:00 h e continuará cunha actuación no Campo da Festa.
Ademais, non faltará a gastronomía típica do Entroido, coa presenza das Filloeiras de Muimenta, que deleitarán os asistentes coas súas tradicionais filloas.
Tamén haberá servizo de bar para quen queira gozar da festa en boa compañía.