Samos celebra o vindeiro 8 de agosto a feira de turismo
Samos realizará o vindeiro 8 de agosto de 2021 a feira de turismo. Así pois, a xornada estará protagonizada por actividades e actuacións dirixidas a todos os veciños, veciñas e visitantes.
A xornada comezará pola mañá onde se fará a presentación do trobador Martín de Padrozelos, un xograr galego compositor de cantigas en lírica galego-portuguesa. Despois diso, o grupo A Quenlla, grupo de música tradicional galega, cantará diferentes cantigas do trobador. A actuación terá unha duración dunha hora aproximadamente.
Xa pola tarde, colocarase unha pantalla no centro de Samos para promocionar o municipio. Ademais, haberá actuacións de diferentes grupos que amenizarán a xornada, entre a que se atopa Pili Pampín.
Así mesmo, dende o Concello tamén destacan a feira en Lóuzara que se levará a cabo o 17 de agosto. Esta feira, que se caracteriza pola artesanía, celebrarase sempre e cando a situación sanitaria o permita.