Samos celebrará a súa tradicional Festa dos Maiores o vindeiro 3 de maio

SarriaXa
Este evento, dedicado ás persoas maiores do municipio, agarda reunir a toda a comunidade para un día de confraternización e festexos
Festa dos Maiores de Samos (1)
16 Apr 2025

Samos celebrará a súa tradicional Festa dos Maiores o vindeiro 3 de maio de 2025. Este evento, dedicado ás persoas maiores do municipio, agarda reunir a toda a comunidade para un día de confraternización e festexos.

As persoas maiores de 60 anos e empadroadas no Concello de Samos poderán pasar a recoller de forma totalmente gratuíta a súa tarxeta-invitación ata o próximo 30 de abril nas oficinas do Concello.

Para aquelas persoas interesadas en asistir á festa e que non cumpran os requisitos para a invitación gratuíta, tamén poden anotarse previamente nas oficinas do Concello. Neste caso, será necesario abonar o importe correspondente ao menú o mesmo día do evento.

⚙ Configurar cookies
0.14998292922974