Samos contará cun campamento de verán desde o 25 de xuño ata o 6 de setembro

SarriaXa
A Anpa do Ceip Samos, coa axuda do propio centro educativo e o Concello de Samos, organiza este campamento para os nenos e as nenas
festa-nenos-espuma
7 Xuño 2024

A Anpa do Ceip Samos, coa axuda do propio centro educativo e o Concello de Samos, organiza, por segundo ano consecutivo, o campamento de verán para os nenos e nenas do municipio. Ademais, conta coa axuda Consellería de Política Social e Igualdade, dentro do plan Corresponsables da Xunta de Galicia.

Así, todas as familias interesadas en que os seus pequenos participen desta iniciativa, poderán apuntarse ata o vindeiro 19 de xuño, xa que o campamento é desde o 25 de xuño ata o 6 de setembro nas instalacións do colexio.

Seguirase unha orde de selección, polo que primeiro entrarán os socios da Anpa, os nenos e nenas que van ao colexio, logo os empadroados no municipio de Samos e despois todos os demais pequenos que queiran vir.

0.055597066879272