Samos contará cunha praza pública con vistas ao mosteiro

SarriaXa
Samos contará cunha praza pública con vistas ao mosteiro e diante do río para mellorar o paseo para os cidadáns
rio samos
1 Mar 2023

A partir de marzo comezarán as obras do Concello de Samos para construír unha praza pública con vistas ao mosteiro e ao río, a cargo da empresa Jespa.

Este novo espazo está previsto que estea rematado en xuño e contará cun acceso desde a Rúa Fontao e desde o paseo xunto ao río.

A praza ofrecerá unhas vistas "privilexiadas" ao monumento máis importante de Samos á abadía, como recolle o proxecto, que tamén contempla a elección do lugar, que engloba as características que identifican á localidade samonense, como son o río, o Camiño de Santiago e a natureza. Así, este espazo xuntarase co paseo que bordea o mosteiro.

Pola súa parte, os encargados de redactor o proxecto analizaron o terreo e deseñaron a praza en dous niveis para mellorar a adaptación á pendente cara ao río e previron un aproveitamento da auga para crear fontes, estanques ou canles para a praza.

A construción da nova praza, que se financia desde o Concello, foi adxudicada en 138.690 euros a Jespa por ofrecer un tempo de execución inferior ás outras tres propostas presentadas. Esta praza, ademais, ten unha garantía de catro anos.

0.16172194480896