Samos e O Incio impulsan a posta en valor do Camiño Eufrasiano cunha axuda de 60.000 euros da Xunta

SarriaXa
Tamén se actuará en necrópoles e castros como parte dun plan para reforzar os recursos turísticos dos dous concellos
camiño-eufrasiano-Samos-e-O-Incio
26 Jul 2025

Os Concellos de Samos e do Incio veñen de iniciar un conxunto de actuacións para poñer en valor o seu patrimonio turístico, entre as que destaca a recuperación do Camiño Eufrasiano, grazas a unha axuda de 60.000 euros concedida pola Xunta de Galicia.

A intervención inclúe tamén traballos nas necrópoles de Santa Mariña e Serra do Édramo, así como no Castro de Formigueiros e na Ruta do Carballal.

A alcaldesa de Samos, María Xesús López, e o alcalde do Incio, Héctor Corujo, visitaron este mércores o inicio dos traballos, que foron adxudicados á empresa Servitec Medioambiente. A previsión é que as obras estean finalizadas no outono, coincidindo coa tempada alta de sendeirismo e turismo rural na zona.

Estas actuacións buscan mellorar a accesibilidade e a conservación de espazos históricos e naturais de gran valor, con vistas a atraer visitantes e consolidar o potencial turístico destes dous municipios da montaña lucense.

⚙ Configurar cookies
0.16696691513062