Samos estrearase no Rally San Froilán como tramo decisivo do campionato galego

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
O Rally tamén pasará polos municipios de Outeiro de Rei, O Corgo, O Páramo e Sarria, sumando a Samos como a gran novidade desta edición
Rally-San-Froilán-Samos
24 Sep 2025

Samos converterase por primeira vez en escenario dun dos treitos do Rally San Froilán, que se disputará o 18 de outubro. O itinerario, de 11,4 quilómetros e marcado pola súa esixencia técnica, partirá da estrada de Estraxiz e finalizará nas inmediacións do Mosteiro, con dúas pasadas programadas ás 18:45 e ás 22:25 horas.

A inclusión de Samos chega ademais como o gran broche do campionato, xa que será o último treito tanto da proba lucense como do propio Campionato Galego de rallys. A alcaldesa, Chus López, subliñou que desde a chegada do seu equipo ao goberno municipal “multiplicáronse as actividades en todos os ámbitos” e destacou a relevancia deste anuncio, asegurando que se trata dunha das competicións deportivas máis importantes de Galicia e do Estado, cun tramo final que pode ser decisivo para o resultado.

Pola súa parte, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, reafirmou o apoio institucional ao Rally San Froilán, que definiu como un dos maiores expoñentes da paixón polo automobilismo na provincia. Ademais, valorou que o percorrido sexa unha oportunidade de dinamización social para os concellos polos que transcorre.

O Rally, que conta un ano máis co patrocinio principal da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, tamén pasará polos municipios de Outeiro de Rei, O Corgo, O Páramo e Sarria, sumando a Samos como a gran novidade desta edición.

⚙ Configurar cookies
0.090041875839233