Samos festexa a Festa da Castaña o 1 de novembro con música e degustación

SarriaXa
A cita, organizada pola Asociación de Comerciantes e Artesáns, incluirá actuacións musicais, xogos e o sabor do magosto no campo da festa
magosto-castana
24 Oct 2025

O municipio de Samos prepárase para celebrar unha nova edición da súa Festa da Castaña, que terá lugar o venres 1 de novembro a partir das 18:00 horas no campo da festa. A xornada, aberta a toda a veciñanza e visitantes, combinará música, diversión e tradición arredor do produto estrela do outono.

O programa comezará coa actuación de Troupelear, un proxecto educativo e musical que promove o coñecemento do patrimonio cultural galego a través do xogo e a participación. A actividade incluirá tamén cántigas e xogos tradicionais relacionados co magosto.

A partir das 20:00 horas, chegará o momento máis saboroso coa degustación de castañas asadas, mentres o grupo Son do Ladra Sureños poñerá ritmo á festa coa súa música en directo.

A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Samos, a Asociación de Nais e Pais do alumnado do colexio local, así como da Deputación de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.064414978027344