Samos homenaxea á médica de familia Mila Núñez pola súa xubilación

A veciñanza de Samos renderá homenaxe á súa médica de familia, Mila Núñez, con motivo da súa xubilación. Tras anos de dedicación e atención sanitaria no municipio, os veciños quixeron organizar unha comida de despedida para agradecerlle o seu labor e compromiso coa comunidade.
O xantar celebrarase o vindeiro venres 15 de novembro ás 14.30 horas no Hotel A Veiga, nun ambiente de recoñecemento e afecto cara á doutora, moi apreciada polos pacientes e compañeiros pola súa proximidade e profesionalidade.
As persoas interesadas en participar poderán reservar praza e retirar a tarxeta ata o 12 de novembro, ben no propio restaurante ou na farmacia de Samos. Deste xeito, o municipio quere despedir a quen foi unha figura fundamental na atención sanitaria local, nun acto que pretende ser tamén unha celebración compartida da gratitude e o cariño da veciñanza.