Samos inicia o ano con actuacións de mellora en varios puntos do municipio

O Concello de Samos comezou o ano desenvolvendo diferentes actuacións de mellora da infraestrutura municipal en distintos puntos do termo municipal, co obxectivo de mellorar a seguridade e as condicións de circulación nos núcleos rurais.
Entre os traballos xa realizados atópanse as actuacións de mellora do pavimento e das cunetas no núcleo de Lamartín, onde se procedeu á adecuación da vía para garantir un mellor drenaxe e un firme máis seguro para a veciñanza.
Así mesmo, no lugar de Formigueiros leváronse a cabo traballos de colocación de tubos e formigonado, unha intervención destinada a mellorar os accesos e a funcionalidade da vía, respondendo a necesidades detectadas na zona.
Estas actuacións forman parte dun plan continuo de mantemento e mellora da rede viaria municipal, co fin de atender as demandas da veciñanza e contribuír á mellora da calidade de vida no conxunto do municipio.