Samos iniciará as obras para habilitar un novo local social multiusos baixo as vivendas comunitarias

SarriaXa
O espazo destinarase a clases, actividades dos usuarios e charlas, mellorando o acceso e ampliando os servizos municipais
local-baixo-vivendas-comunitarias-Samos-multiusos
13 Feb 2026

O Concello de Samos anunciou que en breve comezarán as obras de mellora e acondicionamento dun local situado xusto debaixo das vivendas comunitarias co obxectivo de convertelo nun espazo multiusos de carácter social. A actuación permitirá adaptar o inmoble para que poida ser empregado para diferentes actividades ao servizo da veciñanza.

O novo local social estará destinado á impartición de clases para os veciños e veciñas, á realización de actividades organizadas polos usuarios das vivendas comunitarias e á celebración de charlas e encontros de carácter formativo e participativo. Con esta intervención, o goberno local busca ampliar os servizos municipais e ofrecer un lugar versátil que contribúa á dinamización social do municipio.

Ademais, o proxecto contempla a mellora do acceso ao recinto, facilitando a entrada e o uso do espazo por parte das persoas usuarias.

⚙ Configurar cookies
0.084812879562378