Samos leva ao pleno unha modificación de crédito para unhas obras
O Concello de Samos realizará o pleno no día de mañá onde se levará a cabo unha modificación de crédito para unha serie de obras que se van a executar.
Estas obras que se tratan na modificación do pleno son: un asfaltado no centro de Lamas, o acceso ao castro de Loureiro, o acceso á Ferrería, o empalme de Castroncán, unha obra en Romelle, o acceso a obra do Covallo e unha praza en Renche, que contan cun presuposto de 132.947,96 euros.
Ademais disto, vaise ampliar o capital para poder comprar unha retroescavadora, que xa se sacara a concurso pero que, sen embargo, quedara deserta. Xunto a iso e, según o alcalde de Samos, Julio Gallego, tamén se tratará a reparación do reloxo antigo que se atopa na praza do centro da vila e que se presupuestou en 14.570 euros para a súa reparación.
Por outra beira, continúan as obras nas pistas financiadas polo Plan Único entre as que se atopan o acceso a Teivilide, unha zona no casco urbano da parroquia de Montán e unha reparación de cemento no pobo e na pista de Formigueiros; entre outras.
Finalmente, dende o Concello sinalan que están pendentes de montar outro caixeiro -actualmente está en funcionamento o caixeiro de Correos xa que non hai ningunha oficina na vila-. Esta cuestión aínda está por resolver por parte da Xunta xa que xa contan cun local que o Concello puxo a súa disposición e, actualmente, queda que se adxudique a unha entidade e se monte.